Partidos tradicionais e formacións emerxentes reivindican o seu papel de cara ó 24-M

    BARBANZA> Esta fin de semana foi a elixida por outras forzas políticas para presentar publicamente a súa candidatura. É o caso do BNG de Ribeira e de dúas formacións emerxentes: Nós Pobra e Boiro Novo. Os nacionalistas ribeirenses xa deran a coñecer o primeiro tramo da súa candidatura cos catro nomes que acompañarán a Xosé Antón Vázquez Cobas nos postos de saída. Son Luís Pérez, Pilar Fernández, Antón Parada e Elvira Blanco. Esté sábado, nun multitudinaria acto que contou coa presenza da deputada Rosana Pérez, desvelábase o resto dos integrantes da lista na que destaca a fonda renovación e a incorporación de moitos cidadáns que a título independente se sumaron ó proxecto nacionalista. Dende a sexta posición ata a undécima posición, onde se sitúa a maioría absoluta, os candidatos son Alberte Paz, Dores Vidal, Carlos Lixó, Silvia Varela, Alexandre Ríos e Vicente Paz. Pechando a lista atopamos nomes de históricos nacionalistas ribeirenses como Plácido Betanzos que ocupa o número 21. En Boiro, o partido de novo cuño Boiro Novo, non que se integran diversas correntes de esquerdas, contou na súa presentación oficial coa presenza do histórico Xosé Manuel Beiras quen arroupou á candidata Dores Torrado. Os primeiros postos da lista estarán ocupados por xente nova de recente incorporación á política como PAblo Axeitos, Sara Gago, Xurxo Triñanes, Berta Blanco, Martín Dieste, Milagros Torrado, Nestor Sieira e Cristina Abeijón, no número nove, onde se sitúa a maioría absoluta. A Pobra é outro dos concellos onde novas formacións irrompen no panorama político. É o caso de Nós Pobra que presentou a candidatura encabezada polo ex edil do BNG, Xosé Lois Piñeiro. Xunto a el, outros nomes saídos dunha votación en asemblea, na que tódolos militantes da formación eran electores e elixibles. Son, dende o segundo ó sétimo posto, Charo Varela, Miguel Alamancos, Genoveva Hermo, José Carlos Vidal, Sara Outeiral e Xan Lois Valiño Rivas. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/04abril/20/presentacionspartidosvarias2004151.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/04abril/20/presentacionspartidosvarias200415.mp4{/flowplayer}