Ribeira reclama novamente o rexistro da propiedade

    RIBEIRA> O alcalde, Manuel Ruíz, vén de remitirlle un escrito ó ministerio de Xustiza co obxectivo de reiterar esta demanda histórica deste municipio. O anuncio dos posibles cambios que o Goberno Central pretende introducir, para que sexan a partir de agora os rexistradores mercantís os encargados da xestión dos rexistros civís volve a poñer enriba da mesa unha vella demanda do executivo ribeirense como é o feito de poder dispoñer dun rexistro da propiedade. Segundo el trátase dunha institución pública esencial para a seguridade xurídica e a protección e publicidade dos dereitos reais. Ruiz posiciónase ademais totalmente en contra de calquera traslado da sede do rexistro civil e destaca o labor que fai ó respecto o persoal radicado para este fin no edificio dos Xulgados.