Porto do Son acollerá este domingo unha proba da Liga Galega de Sendeirismo

PORTO DO SON> Porto do Son acolle este domingo a cuarta proba da Liga Galega de Sendeirismo. Máis de 400 persoas participarán neste percorrido de 25 quilómetros con saída e chegada dende o Curro de Portosín.

O Club de Sendeirismo Trabandainas organizará este fin de semana a Primeira Andaina Concello de Porto do Son. Trátase dunha ruta de regularidade cun percorrido oficial de 25 quilómetros e unha alternativa popular de 15.

Sairá ás dende a praza do Curro de Portosín para percorrer un itinerario circular caracterizado polas impresionantes vistas dende a Serra do Barbanza.

A andaina forma parte da Liga Xunta de Galicia de Sendeirismo, composta por outras 14 probas en toda a comunidade.

Os interesados en participar poden inscribirse na web clubtrabandainas.com ata o xives. Polo momento hai 360 inscritos e dende a organización agardan superar sobradamente os 400.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí