NOIA> A Marea Cidadá de Noia presentou a súa candidatura coa que pretende converterse en chave de goberno. Un goberno co que aspiran a mellorar a participación cidadá na vida política abrindo ó concello á transparencia na xestión. Manolo Seijas, cabeza de lista de Marea Cidadá de Noia, presentou o primeiro treito da súa candidatura. Fíxoo nun acto cargado de simbolismo no que propoñen a súa marea como única alternativa para acabar coa actual clase política asentada nos gobernos. Un a un, cada integrante da candidatura, expresaron as liñas básicas do que será o seu programa electoral. Ademais das transparencia e da participación cidadá, a nova formación política aposta pola defensa dos servizos públicos e a creación de emprego de calidade. Ó redor destes valores xirará o programa co que concorrerán ós próximos comicios do 24 de maio.
Inicio Barbanza - Muros - Noia











