BOIRO> Os socios da ABE contarán con condicións de financiamento preferentes grazas ó convenio asinado entre a patronal local e Caixabank. A entidade bancaria ofrece un amplo paquete de produtos e servizos para que o empresariado local acade unha maior competitividade. Caixabank dá un paso máis na aposta por apoiar ós autónomos e ás pequenas empresas a través do convenio asinado coa Asociación Boirense de Empresarios. Este acordo establece condicións moi vantaxosas para os asociados que precisen de financiamento ou servizos concretos para os seus negocios. Destaca o paquete CaixaNegocios que inclúe unha serie de produtos financeiros que poden ser de gran utilidade para os empresarios. Mediante este novo acordo cunha entidade financeira, a ABE incrementa a súa carteira de servizos para conseguir que as empresas dos seus asociados sexan máis competitivas.
Inicio Barbanza - Muros - Noia