Patrimonio, natureza e gastronomía integran a oferta turística da Pobra para Semana Santa

A POBRA> O departamento de Turismo da Pobra programou unha ampla oferta para a Semana Santa. Veciños e visitantes terán ocasión de achegarse á cultura, patrimonio e gastronomía da vila da man a través de multitude de actividades.

A partir do 6 de abril,a tradicional feira de artesanía instalarase nos xardíns Valle-Inclán da Pobra dando o pistoletazo de saída ás numerosas actividades que se desenvolverán no municipio durante a Semana Santa. A primeira delas terá lugar o xoves santo, día 14; será unha ruta guiada polo Camiño Xacobeo A Orixe ó seu paso polo termo municipal da Pobra.Inserto visita piscinas

O sábado de Pascua son varias as propostas para veciños e visitantes. Pola mañá desenvolverase unha ruta guiada polo centro histórico e pola tarde sairá do porto deportivo a ruta do mexillón para percorrer a ría de Arousa.

O domingo terá lugar un obradoiro de marisqueo na praia dos Areos e a continuación a demostración culinaria ‘Da praia ó prato’ no mercado.

Tódalas actividades precisan de inscrición previa. Os interesados en consultar horarios e prezos poden facelo na web municipal.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí