BOIRO> Esta pasada madrugada, ó redor da unha, tiña lugar un incendio nun garaxe de Boiro, nun edificio situado na rúa Corrillo.
O lume orixinábase ó parecer nun vehículo que estaba estacionado no seu interior.
Foron os propios veciños do edificio os que alertaron ó 112 que deu aviso rapidamente ós equipos de emerxencias.
Trasladáronse ó lugar efectivos do parque de bombeiros de Boiro e da agrupación de voluntarios de Protección Civil.
Tamén se desprazou unha dotación de bombeiros do parque de Ribeira aínda que finalmente non chegaron a intervir.
Por fortuna non houbo que lamentar danos persoais.
Unha vez extinguido o incendio e realizadas as habituais labores de ventilación, debido á gran cantidade de fume que había no interior do garaxe, os equipos de emerxencia abandonaron o lugar.
Polo de agora descoñécense as posibles causas que orixinaron o lume, aínda que todo apunta a que puidera deberse a un fallo eléctrico.