BOIRO> A Asociación Boirense de Empresarios presentou esta mañá a súa nova campaña: ‘Eu consumo local, eu son Boiro’.
A ABE estrea campaña promocional: ‘Eu consumo local, eu son Boiro’. Os protagonistas da mesma son os propios socios da entidade que falan dos beneficios de consumir no pobo, animando ademais a facelo.
A campaña ‘Eu consumo local, eu son Boiro’ prolongarase por un período de dous meses. Logo, no mes de setembro lanzarse unha segunda parte da mesma, esta vez con cambio de protagonistas.
Para o desenvolvemento da campaña a ABE conta coa colaboración do Concello. Tanto o alcalde, Xosé Ramón Romero, coma o edil de Comercio, Marcos Fajardo, valoraron moi positivamente esta iniciativa que busca potenciar o comercio da localidade