O PSOE sonense denuncia a obstrución ó seu labor de oposición

    PORTO DO SON> Os socialistas quéixanse de que, no que vai de ano, non se incluiron na orde do día dos plenos as súas iniciativas, a pesar de telas rexistradas en tempo e forma. Para o grupo municipal socialista esta situación é un exemplo máis da censura que está a levar a cabo o grupo de goberno cos grupos da oposición. Segundo eles no que vai de ano na orde do día dos plenos non se incluíu ningunha das súas mocións, presentadas en tempo e forma. Poñen como exemplo a situación vivida na última sesión plenaria na que faltaron as súas tres propostas, unha para dar viabilidade á piscina municipal, outra solicitando un plan municipal de educación e outra na que pedían mais medios materiais e formación para a loita contra a praga da vespa velutina. Despois de pedirlle as correspondentes explicacións ó equipo de goberno por esta situación, non descartan acudir ó Valedor, ante o que consideran un continuo entorpecemento ó seu labor coma concelleiros.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí