NOIA> Investiranse preto duns 700 mil euros e o Goberno Galego encargarase de financiar ó 100% estes contratos.
O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou esta mañá o concello de Noia para anunciar o financiamento, con preto dos 700 mil euros, para a contratación dun total de 76 persoas en situación de desemprego. Dese total, 56 contratos irán destinados a tarefas de socorrismo en praias, e o resto a realizar traballos de prevención de incendios.
No caso de Noia a subvención permitirá a contratación de seis persoas.
En toda a Comunidade, a Xunta investirá un millón e medio de euros, o que permitirá a contratación dunhas 450 persoas.
O obxectivo que se persegue con este programa é mellorar a empregabilidade, principalmente daquelas persoas con maiores dificultades para atopar un traballo, e así dinamizar o mercado laboral galego.