Un neno de cinco anos morre afogado na praia da Retorta

    nenoafogado_100_050609.jpgBOIRO> Un neno de cinco anos perdeu a vida ó afogar na praia da Retorta. A pesar da rápida interveción dos equipos sanitarios nada se puido facer por salvarlle a súa vida.

    {flowplayer}barbanza/nenoafogado.flv{/flowplayer}

    Ata a praia da Retorta desprazáronse efectivos do 061, Protección Civil, Garda Civil e Policía Local, e mesmo o helicóptero do 112 por se fora necesario trasladar ó rapaz ata un hospital. Os labores do persoal médico por tratar de salvarlle-la vida ó neno prolongáronse preto das dúas horas, pero nada puideron facer.

    Os feitos tiñan lugar ó redor das oito da tarde de onte, cando o neno, acompañado da súa familia, disfrutaba dun paseo polo areal. Polo de agora descoñécense as causas do suceso, aínda que todo apunta a un posible despiste dos pais, que deixaron de prestarlle por un momento a atención precisa ó cativo.

    Cando se deron conta o corpo do neno xa flotaba na auga. No lugar do sinistro vivíronse momentos de fonda dor e angustia, xa que os pais permaneceron en todo momento na zona ata que se procedeu ó levantamento do cadáver. Ninguén se explica en Boiro o acontecido, xa que esta praia é totalmente tranquila e ata o de agora nunca se rexistrara un incidente desta magnitude.

    Redacción Barbanza