Adxudicadas as obras de pavimentación da rúa Álvaro Cunqueiro

    RIBEIRA> O executivo ribeirense vén de adxudicar unha nova actuación consistente na renovación da pavimentación da rúa Álvaro Cunqueiro, en pleno casco urbano. A empresa Canarga será a encargada de acometer esta obra ó resultar adxudicataria por un importe de preto dos dezaseis mil euros.