NOIA> Foron moitas tamén as persoas que se achegaron esta pasada fin de semana a Noia, especialmente os amantes das dúas rodas.
A ocasión ben o merecía, cunha nova edición da Concentración Moteira organizada pola Asociación Mototurística Ría de Noia, en colaboración co Concello.
Durante os tres días que se prolongou esta cita foron moitas as actividades programadas, con diversas rutas pola comarca, degustacións gastronómicas ou exhibicións, como as realizadas por Cuadrado Stunt, nas noites do venres e o sábado.
Pero se por algo destaca esta concentración é polo bo ambiente e o espírito de camaradería que hai entre tódolos participantes.
O éxito da iniciativa, dá se cabe máis folgos á organización, que xa traballa para superar o nivel desta na vindeira edición.











