RIBEIRA> A Policía Nacional detivo a dous ribeirenses ós que sorprenderon os axentes da Policía Nacional durante un control de drogas realizado no porto da localidade.
Segundo informaron fontes policiais, ó darlle o alto ó vehículo no que viaxaban, o ocupante do asento do acompañante, lanzou ó mar un pequeno bolso.
Para recuperalo, os axentes pediron axuda a un mariñeiro que se atopaba na zona. No seu interior atoparon cinco botes con substancias estupefacientes en forma de pequenas pedras e papelinas preparadas para a súa venda.
No rexistro do vehículo tamén lle atoparon, nun lugar agochado, máis papelinas de droga.
Fóronlle intervidas en total uns 10 gramos de cocaína e outras pequenas cantidades de heroína e haxix, así como varias armas brancas, un móbil e diñeiro en metálico.
Unha vez tramitadas as correspondentes dilixencias policiais, os dous detidos pasaron a disposición do Xulgado de Instrución de Ribeira, en funcións de garda.











