Señorío de Rubiós: viño oficial da Volta Ciclista a España 2012

    vino_voltacopy.jpgPONTEVEDRA> Esta mañá foi a presentación oficial. Ó acto acudiu o Xerente da adega, o director da Volta, o Presidente do CRDORB e o Presidente da Deputación.

    {flowplayer}images/salnes/PTAC_VINO_OFICIAL_VOLTA_CICLISTA.flv{/flowplayer}

    Os gañadores de cada unha das 21 etapas da Volta Ciclista a España, das cales tres discorrerán polos concellos das Rías Baixas, brindarán co albariño Señorío de Rubiós, da Adega Cotorredondo, tras saír elixido viño oficial do evento. O fixo tras participar nunha cata realizada entre 20 adegas.

    Para o xerente da adega, Antonio Méndez, é todo un orgullo participar nesta iniciativa que non é máis que un recoñecemento ó traballo dos viticultores. Ademais, desde a adega poderán comercializalo viño coa etiqueta oficial da 67 edición da Volta a España.

    O Presidente do Consello Regulador, presente tamén no acto, puxo de relevo o esforzo feito pola Deputación de Pontevedra para conseguir esta unión entre deporte e viño. Pola súa banda, Rafael Louzán, resaltou que na Volta, que vai ser todo un éxito, vanse poder degustar produtos galegos xunto ó albariño Señorío de Rubiós.

    A Volta disputarase do sábado 18 de agosto ó domingo 9 de setembro.

    Redacción Salnés