A exposición ‘Diversa’ fai de Vilagarcía unha fiestra a nove países

    VILAGARCÍA> Dende hoxe e ata o 29 de maio, Vilagarcía é unha fiestra aberta ao mundo. A sala de exposicións Rivas Briones acolle a mostra “Diversa”, setenta fotografías e seis paneis que percorren a riqueza patrimonial de diferentes países non europeos e os estudos que se fan dela. “Diversa”, realizada polo CSIC, pecha con esta exhibición o seu percorrido pola provincia, que a levou ata Pontevedra, Cambados e Lalín.

     

    Mongolia, Chile, Uruguai, Guinea Ecuatorial, Costa Rica, Perú, Xordania, Turquía e Etiopía. Todos estes países están, dende hoxe, máis preto de Vilagarcía.

    Trátase da mostra “Diversa”, do Instituto de Ciencias do Patrimonio do CSIC. Sesenta fotografías e seis paneis, cada un correspondente a un proxecto de investigación, que achegan ao espectador á riqueza patrimonial destes nove países, axudándonos a comprender as súas culturas e relacións sociais.

    “Diversa” chega agora a Vilagarcía para despedirse da provincia, despois de parar en Pontevedra, Cambados e Lalín. Unha aposta da Deputación por levar este tipo de exposicións a concellos máis pequenos.

    A mostra estará aberta ao público ata o 29 de maio na Sala de Exposicións Rivas Briones.

     

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/04abril/23/expo_csic_villa.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/04abril/23/expo_csic_villa.mp4{/flowplayer} 

     

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí