Louzán insiste en negociar pero Lores asegura que xa é tarde para cambiar

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/09/louzan_deputacion.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/09/louzan_deputacion.mp4{/flowplayer}

     

    PONTEVEDRA> Rafael Louzán continúa coa man tendida ao Bloque Nacionalista Galego. O aínda presidente da Deputación de Pontevedra insiste en dialogar cos nacionalistas, baseándose na lexitimidade que lle deron as urnas, e acepta o programa de mínimos que o BNG presentou onte. Pero a proposta estaba dirixida ao Partido Socialista, e dende o Bloque insisten: non se plantexan ningún acordo co Partido Popular.

    Louzán non perde a esperanza nin as forzas. O aínda presidente da Deputación continúa coa man tendida ao BNG para manter o goberno provincial.

    O deputado nacionalista César Mosquera foi o encargado de presentar este acordo de mínimos, que a formación dirixe ao Partido Socialista. Aínda así, Louzán ve ao PP lexitimado para buscar o acordo.

    O presidente provincial adiantou a súa intención de facer unha proposta de pacto aos nacionalistas, aproveitando un encontro que manterán para coordinar a constitución da próxima corporación. Para Louzán, as liñas vermellas do documento do BNG serían asumibles polos populares. 

    Pero a insistencia do dirixente popular non está a atopar resposta no BNG. 

    Louzán tamén reiterou que, se non consegue manter o goberno da Deputación, tampouco estará na oposición, aínda que non quixo pór prazos á súa marcha.