NOIA> A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, anunciou esta mañá o inicio da contratación desta actuación, cun orzamento duns 270 mil euros. Afectará a uns 400 metros desta vía, entre a gasolineira existente e a igrexa de San Bernardo. A consellería de Infraestruturas e Mobilidade reforzará a seguridade viaria nun tramo de catrocentos metros na estrada AC-311, ó seu paso pola localidade. Concretamente o treito que vai dende a estación de servizo á igrexa de San Bernardo. A actuación, cun custe duns 270 mil euros, prevé a construción de tres pasos de peóns elevados, a reordenación dos aparcadoiros e o acondicionamento das zonas verdes existentes, ademais da instalación de novo mobiliario urbano. A titular de Infraestruturas aproveitou a visita para anunciar tamén que nos próximos meses se iniciarán as obras de iluminación da ponte sobre a Ría e da mellora da súa contorna, así como en Ponte Ceilán. O alcalde noiés, Santiago Freire, agradeceu estes investimentos no municipio, que se veñen a sumar a outras actuacións xa executadas por este departamento como é o caso da senda peonil de Orro.