Ribeira inicia a rexeneración dos bancos marisqueiros improdutivos

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/04abril/22/rexeneracionbancosmarisqueirosribeira2304151.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/04abril/22/rexeneracionbancosmarisqueirosribeira230415.mp4{/flowplayer}. RIBEIRA> A confraría de Ribeira iniciou os labores de rexeneración dos bancos marisqueiros para mellorar a súa produtividade de cara á vindeira campaña. Os produtores non volverán ó traballo ata o catro de maioAproveitando o parón destas semanas, no que os mariscadores de Ribeira non están a traballar nas concesións, a confraría iniciou os traballos de limpeza e rexeneración en distintos bancos. Unha empresa privada é a encargada de realizar o arado dos bancos para conseguir a súa osixenación e favorecer a cría de ameixa. O obxectivo é aumentar a produtividade de cara ós meses fortes da campaña, a partir de outubro, cando a ameixa babosa esperta maior interese. Agardan resultados similares ós do pasado ano no que, a pesar da caída xeralizada das cotizacións do marisco, Ribeira caracterizouse pola suba dos prezos. Unha vez finalizada a rexeneración dos bancos está previsto que os mariscadores volven ó traballo a partir do catro de maio cando se inicia a campaña de verán, con especial presenza de ameixa rubia.