Pontevedra segue a honrar a Filgueira Valverde, desta volta cunha exposición

PONTEVEDRA> Pontevedra segue decidida a honrar a memoria de Xosé Filgueira Valverde. Hoxe se inaugurou no sexto edificio do Museo da cidade a exposición “Xosé Filgueira Valverde. Un faro na construción de Galicia”, que a través de quince capítulos presenta diferentes etapas da vida deste profesor, ao que este ano se dedica o Día das Letras Galegas.

A pouco menos dun mes para o Día das Letras Galegas, Pontevedra está mergullada no recordo da figura de Xosé Filgueira Valverde. Dende hoxe, o sexto edificio do Museo da cidade abre unha das súas salas para acoller unha exposición sobre a vida dun dos seus precursores.

A exposición está estruturada en quince capítulos, que serven ao espectador para percorrer as diferentes etapas da vida deste ilustre pontevedrés e das diferentes actividades e iniciativas que puxo en marcha e impulsou. Documentos, ilustracións e obxectos que pertenceron a Filgueira, e que agora están depositadas nos fondos do museo.

Filgueira tamén agradeceu o apoio das institucións que están a traballar para exaltar o día dedicado ao seu pai. Entre elas, a Xunta de Galicia, que hoxe estivo representada polo Conselleiro de Cultura e polo propio presidente. 

Para Núñez Feijóo, a exposición “Xosé Filgueira Valverde. Un faro na construción de Galicia” dá fe dun home que contemplou Galicia e o mundo dende Pontevedra, e se esforzou por facer da cidade un foco cultural dentro e fóra da autonomía.

 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/04abril/24/expo_filgueira.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/04abril/24/expo_filgueira.mp4{/flowplayer}