Oito empresas da cidade terá un posto gratuíto en Culturgal

PONTEVEDRA> O Concello de Pontevedra porá a disposición das empresas da cidade o Bono Culturgal 2020. Unha iniciativa que pretende apoiar ao sector cultural poñendo a súa disposición 8 postos na feira deste ano. A convocatoria vai destinada a empresas privadas que leven a cabo a súa actividade en galego.

Impulsar e apoiar ás empresas do sector cultural da cidade. Ese é o obxectivo do Bono Pontevedra Culturgal 2020. Con esta iniciativa, o Concello pretende facilitar a presenza de 8 empresas do municipio nesta edición do Culturgal. Para facelo, o goberno local porá a súa disposición 8 postos de 2×2 metros. A convocatoria está dirixida ás empresas privadas do sector, polo que quedan fóra da participación os organismos públicos, as entidades con participación pública e as asociacións non profesionais.

Na adxudicación dos postos teranse en conta diferentes requisitos, tales como a traxectoria da empresa, á perspectiva de xénero ou a innovación nos seus  proxectos. A proposta naceu para apoiar a un dos sectores máis afectados pola crise da Covid pero pode converterse nunha iniciativa que chegue para quedarse.

Pola crise da Covid, as expectativas para este ano son moi distintas ás de anos anteriores. Aínda así, o Concello espera que o Culturgal siga sendo un referente no sector.

Culturgal levarase a cabo do 27 ao 29 de novembro. Todas as empresas que queiran anotarse a esta iniciativa deberán enviar un correo electrónico a coordinacion@pazodacultura.org cun formulario que poderán atopar na web do Concello.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí