O “dinamismo da provincia” dáse cita no coworking da Deputación en Barro

BARRO> Dezaoito emprendedores déronse cita hoxe en Barro para poñer en común os seus proxectos. Na xornada, os mozos empresarios tiveron a oportunidade de promociona-las súas ideas, postos a punto na primeira edición do coworking do viveiro de empresas da Deputación.

A xornada Demoday reuniu no coworking do viveiro de empresas do Polígono de Barro a 18 emprendedores da provincia. Eles participaron durante 5 meses no proxecto que permitiu lanzar as súas ideas de negocio, recibindo apoio técnico, formación e asesoramento de especialistas.

A presidenta da Deputación quixo salientar a calidade dos proxectos presentados, pertencentes a diferentes ámbitos. Carmela Silva dixo celebrou que na provincia haxa tantos homes e mulleres con ideas e proxectos para impulsar.

Para o alcalde de Barro, o apio ás pequenas empresas é fundamental, como ferramenta para o desenvolvemento local.

A segunda edición do coworking do viveiro de empresas vaise lanzar nos vindeiros meses, orientado a unha vintena de proxectos relacionados co emprego das novas tecnoloxías do sector turístico.