A Pobra inviste 60 mil euros na mellora da rúa Venecia

A POBRA> O concello da Pobra acometerá ó longo deste mes a reforma da rúa Venecia. Ademais do asfaltado da vía procederá a instalar sistemas de drenaxe para evitar os constantes problemas de acumulación de auga que se rexistran na zona.

Os operarios da empresa Marconsa iniciaron esta semana as obras de acondicionamento na rúa Venecia da Pobra. Ademais da renovación do pavimento, que se atopaba moi deteriorado, as obras inclúen unha canalización de auga para a conexión de pluviais que poñería fin ós constates anegamentos da rúa en época de chuvias.

Acometerase tamén o rebaixe das beirarrúas para garantir a accesibilidade en toda a vía. As obras suporán un investimento de 60 mil euros con cargo ó remanente de tesourería. Estarán rematadas antes de que remate o mes polo que dende o concello piden paciencia ós veciños e desculpas polas molestias que están a ocasionar os traballos.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí