Rianxo e Catoira reclaman á Xunta que asuma o mantemento da ponte que une os dous concellos

    BARBANZA As Deptacións da Coruña e Pontevedra, así como os concellos de Rianxo e Catoira, pedirán nos próximas días unha reunión coa Xunta de Galicia para que esta se faga cargo da Ponte de Catoira que une estas dúas provincias. O futuro da Ponte interprovincial que une Catoira e Rianxo, tanto a súa titularidade como o estado que presenta, foi o tema a debate na reunión a catro mantida en Rianxo. Os dous concellos afectados, e as Deputacións coruñesa e pontevedresa, reclaman á Consellería de INfraestructuras que asuma o mantemento do viaduto.