Avanzan as obras de rehabilitación en Pontenafonso

OUTES> Despois de varios meses paradas, a Xunta retomou hai unhas semanas as obras de rehabilitación e posta en valor de Pontenafonso.

Os traballos reiniciáronse co remate da instalación do pavimento, e tras recibir o novo proxecto, o visto bo da Comisión de Patrimonio que recolle unha nova configuración do peitoril, unha vez desbotada a proposta inicial que prevía a integración dunha varanda metálica.

O rexedor outense confía en que os traballos se executen coa maior celeridade posible para poder abrir definitivamente o viaduto e permitir así a libre circulación pola ponte.

As obras de rehabilitación e posta en valor da ponte contan cun investimento autonómico duns 700 mil euros.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí