A xestión económica ‘en época de vacas fracas’ marca os actos de candidatura do PP

    SALNÉS> Fin de semana marcada pola presentación de candidaturas ás próximas eleccións municipais. Estamos a menos dun mes para a celebración dos comicios, e a maquinaria electoral xa comeza a rodar. Axenda maratoniana a desta fin de semana para o Partido Popular na provincia de Pontevedra. Comezaba o venres a última hora en Vilagarcía, na praza da Peixería. O presidente do PPdG achegábase á capital do Salnés para arroupar ó candidato á alcaldía, Tomás Fole. Alberto Núñez Feijoo presentou a Fole como un candidato ‘mellor que o de hai catro anos’, e pediu ós ‘partidos da esquerda’ que se comprometan a deixar gobernar á lista máis votada. Fole pola súa parte incidiu no discurso que xa bosquexara na presentación da súa candidatura, a ‘solvencia’ económica acadada por Vilagarcía grazas á xestión do seu executivo malia os ‘fracasos’ herdados do anterior bipartito. Convencido do triunfo amosouse o candidato por Cambados, Luis Aragunde, que no sábado presentaba a súa candidatura chea de caras coñecidas: Juan José Cores como número dous, Isabel Varela de tres ou Mónica Brea de cuarta. A primeira novidade aparece co número cinco, Alberto Serantes, presidente de Novas Xeracións. E dun encontro modesto como o cambadés, á posta en escena do PP de Vilanova. Unha mostra de forza coa que o candidato, Gonzalo Durán, aspira a renovar unha lexislatura máis a maioría absoluta. Louzán que estaría tamén pechando a fin de semana cos candidatos de Catoira, Adriana Rodríguez; o de Caldas, Manuel Cortés; e o de Portas, Víctor Estévez; cos que compartiu foto de candidatura e actos electorais con simpatizantes. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/04abril/27/CANDIDATURASPPSALNES.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/04abril/27/PRESENTACIONS_PP.mp4{/flowplayer}