A Xunta presenta a lei de regulación do emprego público

    SANTIAGO> O Executivo Autonómico publicou hoxe a lei de medidas temporais en materia de emprego público; unhas medidas moito…

    {flowplayer}images/salnes/detalles_recortes_consello_xunta.flv{/flowplayer}

     … máis suaves das agardadas que non suporán a reducción nin do soldo nin do horario dos funcionarios e interinos. Os que si verán suspendido o seu complemento salarial serán os funcionarios ex-altos cargos. Amais os empregados públicos pasarán a contar con 6 días de libre disposición no canto dos 9 anteriores, ámbalas dúas medidas ben coñecidas fai máis dunha semana.

    Asemade, Núñez Feijóo anunciou que estas novidades non afectarán en ningún caso á sanidade nin á educación; e son ben semellantes ás instauradas noutras autonomías españolas.

    Todo co fin de evitar medidas máis drásticas. No tocante ás dietas dos cargos públicos poderán ser revisadas ó detalle. A maiores Galicia mellorará as condicións económicas das baixas e incapacidades temporais dos traballadores da administración autonómica, chegando a complementar ata a súa totalidade o salario desde o primeiro día de baixa. Esta lei terá un período de vixencia de 2 anos co que, a partir do 2013 poderá ser revisada.

    Redacción Salnés