As Xuventudes Socialistas organizan un acto en favor de Garzón

    manifestacio_garzoncopy.jpgVILAGARCÍA> Un centenar de persoas participaron na concentración en apoio ó maxistrado que tivo coma escenario a Praza de Galicia.

    {flowplayer}images/salnes/MANIFESTACION_FAVOR_GARZON.flv{/flowplayer}

    Este sábado a praza de Galicia de Vilagarcía foi o escenario da concentración convocada polas xuventudes socialistas para manifestar a súa solidariedade ó xuíz Baltasar Garzón, recentemente inhabilitado. Uníronse, así, ós actos de apoio ó maxistrado tras coñecela sentenza do Tribunal Supremo.

    Un centenar de persoas, entre os que se atopaban membros de diferentes formacións políticas e sindicatos, participaron na concentración que tomou coma escenario a Praza de Galicia. Durante o acto, o secretario xeral das xuventudes socialistas de Vilagarcía deu lectura a un escrito no que manifestaron a súa solidariedade e o seu rexeitamento á sentenza do Tribunal Supremo.

    No acto tamén houbo palabras para destacar o traballo profesional do maxistrado contra o terrorismo, a corrupción e pola recuperación da memoria histórica. Así mesmo, puxeron de relevou a súa labor incansable para loitar contra o narcotráfico.

    A concentración comezou ás doce do mediodía e prolongouse durante medio hora.

    Redacción Salnés