VILAGARCIA> A mocidade do Salnés maniféstase en Vilagarcía contra o cambio climático. A plataforma Arousa Verde, composta por unha maioría de estudantes, apoiou unha concentración mundial estudantil que non foi convocada en Galicia. Reclaman xustiza climática e que piden aos concellos que comecen a actuar.
A xente nova da comarca volveu a ser o exemplo a seguir por toda a veciñanza do Salnés e da contorna. A plataforma Arousa Verde realizou unha concentración en contra do cambio climático. A iniciativa xurdiu do movemento internacional estudantil Fridays for future que convocou unha folga a nivel mundial para esixir medidas urxentes aos líderes mundiais. Dende a asociación do Salnés apoiaron unha mobilización que non foi convocada en Galicia.
Dende Arousa Verde estiveron facendo un chamamento a tódalas persoas que se quixeran sumar a súa loita e reclamaron diferentes medidas.
A concentración tivo lugar en Vilagarcía e dende o goberno local mostraron o seu apoio á plataforma.
Os estudantes están sendo o exemplo dun movemento e dunha loita que agora todos deberíamos seguir, polo ben do planeta e do noso futuro.