Aberto o prazo para as probas de socorristas e sanitarios en Sanxenxo

    SANXENXO> Sanxenxo contará este ano con cincuenta e dous socorristas e sanitarios para vixiar as praias desde a segunda quincena de xuño á primeira de setembro. Os interesados en concorrer ó proceso de selección poden entregar xa as instancias no rexistro municipal ata o cinco de maio. Asprobas realizaranse o tres de maio no pazo Emilia Pardo Bazán.