Insultos e apupos contra o goberno local pola planta de compostaxe de A Canicouva

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/04abril/27/pleno_pontevedra_270415.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/04abril/27/pleno_pontevedra_270415.mp4{/flowplayer}

     

    PONTEVEDRA> Os veciños de Ponte Sampaio seguen en pé de guerra contra a futura planta de compostaxe en A Canicouva. A plataforma protagonizou esta mañá un enfrontamento co goberno local no pleno de Pontevedra, cando se lles impediu tomar a palabra. O alcalde optou por aplicar o regulamento, que obriga aos colectivos a solicitar previamente a súa intervención.

    O pleno de Pontevedra arrancou esta mañá con liorta. 

    Preto dun centenar de membros da plataforma contra a planta de compostaxe de A Canicouva abandonaron o teatro entre berros e insultos para o goberno local, despois de que se lles negara a intervención na sesión.

    Alcalde e secretario informáronlles de que o regulamento municipal, que contou co apoio unánime dos tres partidos da corporación, obrigábaos a solicitar previamente a súa intervención. Así as cousas, deixaron clara a súa postura: non queren a planta de compostaxe en A Canicouva.

    A plataforma recordou que se manifestará o vindeiro 7 de maio, catro horas antes de que arranque a campaña electoral. A marcha sairá ás 8 da tarde dende a Ferrería e despois de percorrer varias rúas do centro da cidade rematará na praza de España.