Fole ve a recuperación do seu goberno; PSOE, BNG e EU vaticinan o cambio en Vilagarcía

    VILAGARCÍA> A menos dun mes das eleccións municipais e co inicio da campaña á volta da esquina, a enquisa de Sondaxe para La Voz de Galicia desta fin de semana deixa diferentes interpretacións en Vilagarcía.

    Para o actual alcalde, os 10 concelleiros que sacaría o Partido Popular son a mostra de que está a recuperarse do duro mandato. Para as demais formacións, significan a caída do goberno popular. A enquisa da 7 edís aos socialistas e tres a Esquerda Unida. Os peores resultados, os do BNG, que quedaría só con un representantes no pleno. Ademais, abre a porta á entrada de Somos Maioría na corporación.

     

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/04abril/27/intro_total_enquisa_vila.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/04abril/27/intro_total_enquisa_vila.mp4{/flowplayer}