O mellor escaparate de moda infantil está en Vilanova

premiotendainfantil copia.jpg VILANOVA> O comercio ‘B-12’ vén de gañar o concurso organizado pola firma de moda ‘Foque’ ó que concorreron 47 establecementos de España e algún do estranxeiro.

{flowplayer}images/salnes/TENDA_INFANTIL_ESCAPARATE_VILANOVA.flv{/flowplayer}

‘B-12’ é o nome da boutique especializada en moda infantil co escaparate máis creativo de toda España. Ou cando menos, co máis orixinal dos corenta e sete comercios de roupa multimarca de nenos que participaron este ano no II Concurso de Escaparates Foque Inverno 2011-2012. O evento está organizado pola firma galega de moda infantil Foque, e nesta ocasión, o primeiro premio quedou na terra. Concretamente en Vilanova.

‘B-12’ fíxose con 1.789 dos 13.199 votos que se emitiron en total nesta edición do certame. Foron os propios clientes dos comercios os encargados de escoller o escaparate gañador. O sistema de votación realizouse a través de internet e, como medio de promoción, Foque empregou as redes sociais.

A finalidade desta iniciativa é dar un empurrón ó pequeno comercio, e en especial, ó centrado na moda infantil. Desde ‘B-12’ están convencidos de que este recoñecemento lles traerá boa sorte.

Ademais de ‘B-12’, no certame resultaron tamén gañadores outros tres comercios de Valencia, Cuenca e Málaga. Entre todos repartíronse catro mil euros en premios.

Redacción Salnés