A bicicleta inaugura a Semana Global da Seguridade Viaria en Cambados

    CAMBADOS> A bicicleta protagonizou a apertura da Semana Global da Seguridade Viaria en Cambados. Esta mañá, o salón de plenos acolleu unha mesa redonda para falar do seu uso, máis aló da modalidade deportiva.

     

    Para ofrecer estes diferentes puntos de vista, na mesa participaron o ciclista Gustavo César Veloso, unha mariscadora cambadesa que se despraza a diario en bicicleta, a presidenta da asociación de discapacitados Por Dereito e un representante da Policía Local cambadesa, que leva anos patrullando en bicicleta polo casco urbano. Tamén interveu a coordinadora de educación vial da xefatura provincial de tráfico, Helena Rodríguez. Entre todos, trazaron un mapa da bicicleta en Cambados, tendo en conta a pedagoxía, a mobilidade e a prevención de accidentes de Tráfico xunta coa inclusión social. Como público, a mesa redonda contou con alumnos do Instituto Asorey.