Portosín acolle esta fin de semana o IV Trofeo Pitusa Sabín

PORTO DO SON> A regata Mar de Finisterre cumpre este ano trinta edicións, converténdose na máis lonxeva do Club Náutico de Portosín. Dende hai catro anos conta co patrocinio de Pitusa Sabín e Jacinto Hernández,que exercen como mecenas polo seu amor á vela e sobre todo á súa Galicia natal. A regata, que se desenvolverá esta fin de semana, enmárcase no circuíto Rías Baixas de navegación a dous. Forma parte tamén da Copa de Galicia de cruceiros, xunto coas dúas probas que organiza o club de regatas da Armada en Marín e a regata ramiro carregal, promovida tamén polo náutico sonense. O sábado terá lugar a regata longa, un percorrido caracteriado pola súa beleza aínda que especialmente complicada pola presenza de numerosos baixos. O domingo terán lugar percorridos técnicos: dúas probas barlovento sotavento, a partir das dez e media da mañá. Ás tres e media da tarde terá lugar a entrega de premios e unha posterior merende nas instalacións do club.