O concello de Vilagarcía saca a licitación o remate da mellora en Vista Alegre

    VILAGARCÍA> O Diario Oficial de Galicia publica a saída a licitación das obras de remate da mellora da rúa Vista Alegre. As empresas interesadas en acometer a actuación deberán agardar ata que o anuncio se publique tamén no boletín provincial para poder presentar ofertas, algo que se agarda aconteza como moi tar o próximo luns. Esta última fase das obras dividirase en dúas partes, diferenciando o treito peonil e o aberto ó tráfico rodado. En xeral procederase á renovación das redes de servizos básicos, substitución de canalizacións obsoletas e incorporación da infraestruturas para soterrar no futuro liñas de rede eléctrica e alumeado. Tamén se ampliarán beirarrúas na zona aberta ó tránsito de vehículos e se mellorará o firme, ademais de mellorar a estética da vía e instalar mobiliario urbano.