RIBADUMIA> Ribaldumia revoluciona o Nadal co Carnadal. No municipio animan á veciñanza a adiantarse ao entroido e gozar destas festas disfrazados. A cita vai ser o vindeiro sábado 23, con premios para os mellores disfraces. Esta nova proposta forma parte da programación de Nadal ribadumiense, que inclúe obradoiros para a rapazada, hinchables ou as visitas de Papa Noel e os Reis Magos.
Calquera excusa é boa para disfrazarse e se no verán moitas vilas celebran un entroido, en Ribadumia pensaron que tamén sería boa idea facer unha festa de disfraces para celebra-lo Nadal. Déronlle en chamar Carnadal. Detrás da iniciativa está o concello, xunto a Asociación Gotas e as ANPAS do CRA de Ribadumia e do Colexio Julia Becerra Malvar. Vaise celebrar o sábado 23.
O prato forte da xornada chegará á noite, con propostas musicais para público adulto e premios para os mellores disfraces.
Pero a xornada arrancará xa pola tarde con obradoiros infantís, comezando pola rapazada máis pequena.
O Carnadal é unha das actividades destacadas dunha programación de Nadal que xa está en marcha. Por diante temos aínda varias xornada infantís con hinchables ou as visitas de Papá Noel e os Reis Magos. Un conxunto de propostas para anima-las Festas ao tempo que se dinamiza o comercio e a hostalería local.
E anima o alcalde a comerciantes e particulares a decorar os seus escaparates ou vivendas para facer aínda máis vistoso o Nadal en Ribadumia. Neste caso, o prazo para a inscrición neste concurso de decoración estará aberto ata o día 20.











