Só un polígono de Arousa operativo en toda Galicia para a extracción de mexillón

    AROUSA> Superada a afección da toxina amnésica, a lipofílica está agora a paralizar os sectores mexilloeiro e marisqueiro. Toda a costa galega está xa pechada á extracción do mitilo. Tan só hai un polígono operativo, e está na ría de Arousa, o Vilagarcía A. Clausuradas as bateas a toxina comeza a chegar xa ós bancos marisqueiros. Na ría de Arousa permanece inoperativa toda a marxe externa da Illa de Arousa ó igual que a cara interna da ría, é dicir, non se poden extraer moluscos infaunais como ameixa ou berberecho nas zonas 1, 2, 3 e 6. As de Muros Noia e Pontevedra mantéñense tamén pechadas.