Apróbase a Lei de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais

    montequeimado_100_270307__still_001.jpgSALNÉS > Entre os obxectivos da lei está a ordeación dos montes e áreas de influencia forestal e regular os aproveitamentos do monte e as repoboacións.

    Esta lei obrigará a limpa-las zonas cercanas ós núcleos de poboación. Preténdese reduci-la biomasa excedente en tódalas parcelas que estén fóra do monte, nunha área inferior a 50 metros e nas beiras das estradas reducirase na zona de dominio público onde tampouco poderá haber haber árbores de alta combustibilidade.

    montequeimado_300_270307__still_002.jpgOs plans xerais de ordenación municipal deberán ter en conta o risco de incendio forestal, no que respecta á zonificación do territorio. A construción en zonas de alto risco implicará deixar unha faixa de 50 metros limpa de vexetación e adoptar medidas especiais de autoprotección. Ademais promoverase a regularización das parcelas en terreos forestais por un sistema de reorganización da propiedade e reforzaranse as estruturas de prevención e extinción, así como actividades de educación en materia de prevención.

    Deste xeito preténdese ordenar o monte con criterios preventivos e de rendibilidade sustentable, impulsar a agrupación de propietarios forestais, promover a diversificación das especies arbóreas primando as autóctonas e xeralizar a silvicultura, para o que haberá incentivos públicos.

    Redacción Salnés