Un veciño de O Grove ataca e fire cun machete o seu xenro tras unha disputa familiar

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/04abril/30/agresion_grove.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/04abril/30/agresion_grove.mp4{/flowplayer} 

     

    O GROVE> Un veciño de O Grove ferido nunha disputa familiar. O seu sogro, de 67 anos, agrediuno cun machado na vivenda que comparten no barrio de Borreiros, na localidade meca. A vítima tivo que ser trasladada ao Hospital Montecelo, onde segue ingresado para recuperarse de dúas feridas abertas na cabeza. O seu prognóstico é reservado. Na vivenda tamén estaban a dona do agresor e a súa filla, muller da vítima, que non resultaron feridas na liorta.

    Todo apunta a que foi unha discusión familiar o desencadeante dunha liorta na vivenda número 11 de o barrio de Borreiros, en O Grove, que rematou cun home ferido.

    Segundo transcendeu, Juan José Vila, veciño da localidade de 67 anos, agrediu a pasada noite ao seu xenro cun machete cando este intentaba mediar nunha disputa entre o atacante e a súa exmuller. O home, natural de Meaño, rematou con dúas feridas abertas na cabeza e varias mancaduras nun brazo, e tivo que ser trasladado ao Hospital Montecelo. Aí continúa ingresado con prognóstico reservado.

    No momento da disputa tamén estaban na vivenda a exmuller do agresor e a súa filla, dona da vítima. Segundo os veciños, os catro conviven nesta vivenda do número 11 do barrio meco. Aínda que ao parecer o home tamén atacou ás dúas mulleres, estas non sufriron dano ningún.

    No lugar presentouse a Garda Civil, que detivo ao presunto agresor para trasladalo ao cuartel de O Grove. Hoxe prestou declaración no xulgado de Cambados, acusado dun delito de lesións. O xuíz encargado do caso decretou unha orde de alonxamento contra el.

     

     

     

     

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí