Floreano será o Embaixador da Festa do Tinto do Salnés

ptactinto copia.jpg RIBADUMIA> A inauguración será o venres un de xuño á unha da tarde e como broche de ouro, o domingo, actuación da Orquestra Panorama.

{flowplayer}images/salnes/PTAC_TINTO_2012.flv{/flowplayer}

A edición XL da Festa do Viño Tinto do Salnés chega este ano con novidades. A primeira na inauguración mesma. Por primeira vez as carpas de degustación abrirán á unha da tarde e non contra a noitiña como viña sendo habitual. Ademais, o venres día un, será festivo na localidade. TOTAL Once colleiteiros ofrecerán os seus viños nos stands que albergará a carpa de degustación. A súas elaboracións tiveron que pasar unha selección previa, posto que este ano, o número de solicitudes desbordouse.

Pero volvemos ó programa. No venres inaugural a música será a protagonista, cun concerto pop na carballeira de Barrantes dirixido ó público mozo. Actuarán Los Pablos, Maryland e Sugar Mountain. Pero para aqueles ós que non lles vaia este tipo de música, ó remate da actuación tomará o relevo a Orquestra Poceiro, na rúa principal. O sábado, día grande da Festa, terá lugar a cata final dos viños que se presentaron ó concurso. Este ano foron trescentos, que se foron cribando xa nas catas previas que se realizaron ó longo deste mes. Tamén se investirá ós seis novos membros da Honorable Orde do Tinto e, como novidade, ó Embaixador da Festa: Floreano, personaxe creada polo ilustrador meco Gogue.

A continuación terá lugar a comida oficial na que se entregarán os premios dos concursos de viño e do de camisetas. A tarde estará dedicada ós cativos, cunha festa infantil na praza do concello.

O domingo haberá que levantarse cedo para practicar ciclismo participando na primeira Ruta BTTinto, pola tarde entregaranse os premios do primeiro Concurso Escolar de Cómic da Festa do Tinto e, como fin de festa, concerto da Orquestra Panorama na Carballeira de Barrantes.

Redacción Salnés