Denuncian a aparición de oito cabalos con cepos nos montes de Ribeira

    RIBEIRA> A asociación animalista Libera denunciou os feitos ante a Policía Autonómica, xa que consideran que se trata dunha práctica ilegal e mesmo penada, polo que piden unha actuación urxente e en consecuencia contra os causantes desta barbarie. Aínda que se trata dunha práctica bastante habitual nos nosos montes, constitúe un feito totalmente ilegal e mesmo pode supor unha conduta delitiva penada con ata un ano de prisión. Nesta ocasión foi a asociación animalista Libera a que a través dun comunicado denunciou a existencia destes oito cabalos con cepos nas súas patas nos montes de Ribeira e puxo os feitos en coñecemento da Policía Autonómica para que actúe de inmediato contra os autores destas prácticas.