Unha nova vaga de roubos xera alarma na Pobra

A POBRA> Unha nova vaga de roubos está xerar unha certa preocupación entre os veciños e comerciantes da Pobra. Nas últimas semanas foron varios os furtos con forza realizados en diversas rúas co casco urbano. O último tiña lugar na fin de semana na urbanización O Lagar.

A plena luz do día. Foi esta pasada fin de semana nun dos pisos da urbanización O Lagar. Unha octoxenaria foi asaltada no interior do portal por un individuo que lle arrancou das mans o bolso que levaba. Colleuna totalmente desprevida. O botín, apenas uns quince euros que tiña na carteira. por fortuna a muller non sufriu danos físicos, pero si un gran susto.

Unha semana antes, na rúa Venecia, un caso semellante. A unha señora roubábanlle tamén en plena rúa o bolso polo método do tirón.

Esta nova vaga de roubos que se está a rexistrar na vila preocupa a veciñanza e tamén a comerciantes e hostaleiros.

A Garda Civil abriu xa unha investigación para tratar de localizar á persoa autora dos feitos, que tería xa identificada. Todo apunta a que podería tratarse do mesmo individuo a tenor do seu ‘modus operandi’.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí