O posible adianto electoral tambalea a escea política

    adiantoelectoralcopy.jpgGALICIA> Hoxe falamos con dirixentes do PP, PSOE e BNG para analizala situación e a idoneidade de anticipala cita coas furnas.

    {flowplayer}images/salnes/POSIBLE_ADIANTO_ELECTORAL.flv{/flowplayer}

    O 21 de outubro foi a data escollida polo goberno vasco para a celebración anticipada das súas eleccións autonómicas. Isto propiciou que se reabrise o debate en Galicia sobre a idoneidade ou non de facelo mesmo. E é que dita cita coas furnas truncaría algúns dos plans do executivo autonómico xa que os prazo impedirían aprobala reforma legal que levaría a reducilo número de deputados no Parlamento.

    Así mesmo, de fixalas eleccións para o 21 de outubro, o Presidente autonómico tería que convocar de maneira extraordinaria un Consello da Xunta e aprobar o vindeiro luns, coma moi tarde, o decreto que fixe a data das eleccións. E polo de agora, Alberto Núñez Feijoo non se pronunciou ó respecto.

    Pero o adianto ocasionaría que once leis comprometidas para esta lexislatura quedasen no esquecemento ó igual que a constitución da comisión de investigación das caixas e tampouco habería marxe para presentalo proxecto de Orzamentos para o 2013. Máis argumentos que levan ó voceiro do PP de Poio a non consideralo anticipo.

    En canto á oposición o adianto electoral ocasionaría que o PSdeG se vería obrigado a desconvocalas eleccións primarias. Aínda así, o voceiro dos socialistas de Boiro considera que si se deberían anticipar polo interese dos cidadáns. Pola súa banda, desde o BNG creen que Feijoo debería esgotala lexislatura.

    As últimas declaracións chegaron esta mañá da man do voceiro do Grupo Parlamentario Popular, Pedro Puy, quen se limitou a dicir que Feijoo tomará a decisión en base ó interese xeral do país.

    Redacción Salnés