Biosca ensina a 150 profesionais do sector turístico a ‘vender, vender e vender’

    CAMBADOS> O profesor Domènec Biosca visitou novamente O Salnés para repartir consellos a comerciantes e empresarios do sector turístico. Da man da Mancomunidade e baixo o atractivo epígrafe “Aprender a vender, vender e vender”, este gurú do sector conseguiu reunir a máis de 150 profesionais da comarca.

     

    Sen perder detalle e enchendo papeis de notas. Comerciantes e empresarios do sector turístico non quixeron faltar á cita con Domènec Biosca.

    A sesión foi un éxito de convocatoria. Máis de 150 profesionais formalizaron a súa matrícula para asistir á xornada, titulada cun epígrafe máis que atractivo “Aprender a vender, vender e vender”.

    Destacar os potenciais dos produtos do Salnés, atraer aos clientes, diferenciarse ou conseguir crear unha marca, son algúns dos puntos que tocou este gurú, unha das grandes referencias no mundo do marketing e das vendas.

    A xornada estivo organizada pola Mancomunidade do Salnés, que viu nesta convocatoria unha oportunidade máis para ofrecer ao sector turístico e ao comercio unha axuda para dar un paso máis fóra da crise.

    Cada asistente recibiu de agasallo un libro de Biosca, titulado do mesmo xeito que a xornada de hoxe.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/05maio/06/domenec_biosca_cambados.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/05maio/06/domenec_biosca_cambados.mp4{/flowplayer}