Escolares de Vilanova estudan a contorna natural do litoral da vila nunha xornada lectiva diferente

    VILANOVA> Un grupo de case 50 alumnos do colexio de Vilanova de Arousa tiveron, este martes, unha clase diferente. Os cativos traballaron na contorna da praia do Terrón onde aprenderon un pouco máis sobre este espazo natural do seu concello, e onde tamén desenvolveron unha pequena limpeza do espazo, para concienciar sobre a importancia de coidalo medioambiente. 

     

    A sala Julio Camba do recén estreado Multiusos de Vilanova de Arousa albergou este martes unha clase diferente, na que un grupo de escolares da vila descubriron un pouco máis sobre a contorna litoral do seu municipio. 

    A actividade está recollida dentro de un programa de educación ambiental “Actividades medioambientais en Arousa Sur”, impulsado polo Grupo de Acción Local da Ría de Arousa. Unha iniciativa moi ben acollida polos rapaces, que explicaban a Canal Rías Baixas en que consistiu esta xornada lectiva. 

    Unha explicación teórica, e un pequeno paseo a través da nova pasárela de viandantes que une a vila coa zona de O Terrón foron a primeira parte dunha actividade que dende o concello ben con moi bos ollos. 

    Unhas tres horas nas que estes pequenos vilanoveses puideron gozar do seu entorno, e o máis importante; aprenderon a valoralo e preservalo da acción irresponsable do home. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/12decembro/13/limpeza_infantil_praias_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/12decembro/13/limpeza_infantil_praias.mp4{/flowplayer}