VILANOVA> O mexillón tamén será protagonista en Vilanova esta fin de semana. A vila homenaxea ao molusco na vixésimo cuarta edición desta festa, durante a que se despecharán máis de 3.000 quilos do bivalvo en diferentes preparacións. Ademais do atractivo gastronómico, a festa chega acompañada dun programa de actuacións musicais que animarán Vilanova do 9 ao 12 de agosto.
Do 9 ao 12 de agosto o mexillón reclama o seu sitio na gastronomía vilanovesa. A vila celebra a vixésimo cuarta edición da súa Festa do Mexillón e do Berberecho. Dende a carpa do Xardín Umbrío, agardan servir máis de 3.000 quilos de mexillón.
Arroz, empanada, vinagreta, escabeche… non hai elaboración que se resista a este bivalvo. Todos os pratos serán a prezos populares e, aínda que a gastronomía é o principal atractivo da cita, non é a única proposta que ten Vilanova para esta fin de semana.
O domingo tralo pregón tamén se entragarán as distincións do Mexillón, que este ano recaen en membros deste sector tan importante para Vilanova.
Para facer aínda máis atractiva esta proposta, o venres 10 de agosto comezarán os concertos incluídos no Festival Rockin’ Vila.