Fole e Varela intercambian reproches pola aprobación do proxecto de Megasa

    VILAGARCÍA> A pouco máis de 24 horas do arranque oficial da campaña, en Vilagarcía o proxecto de urbanización de Megasa e a posible instalacións dunha gran área comercial estase a converter no centro de atención. Todos os representantes da oposición puxéronse onte do lado dos colectivos que se opoñen, pero o alcalde prestou especial atención ao posicionamento do alcaldable socialista. Tomás Fole apuntou que Alberto Varela, asesor xurídico do concello, informou favorablemente o proxecto, polo que o acusou de dobre xogo cos veciños.

    A precampaña pechará en Vilagarcía mirando cara Megasa. A comisión de urbanismo do concello deu onte o visto bo ao proxecto de urbanización da parcela, mentres colectivos de comerciantes e representantes da oposición manifestábanse en contra.

    Especialmente duro foi Tomás Fole co posicionamento do alcaldable socialista. Segundo o rexedor, Alberto Varela, que tamén é asesor xurídico do concello, informou favorablemente o proxecto de urbanización desta parcela das Carolinas.

    Fole acusou tamén ao candidato socialista de oportunista, e chamou a atención sobre que as protestas se produzan cando goberna o Partido Popular a pesares de que Vilagarcía conta con máis dunha quincena de grandes áreas comerciais.

    As preguntas de Fole non quedaron sen resposta. Alberto Varela defendeu a súa postura, e diferenciou a súa faceta política do seu labor como asesor xurídico do concello.

    Ademais, o socialista acusou o alcalde de agocharse detrás da legalidade. Recriminoulle que nestes catro anos non modificara as cualificacións dos terreos no PXOM.

    O candidato socialista insistiu no modelo de cidade da súa formación, na que non figura a aposta polas grandes áreas comerciais.  

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/05maio/06/reaccions_megasa.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/05maio/06/reaccions_megasa.mp4{/flowplayer}