Boiro deseña un Plan de Mobilidade Urbana Sostible

BOIRO> A pesar de que o documento, actualmente en fase de redacción, non é u obrigatorio para o Concello polo seu número de habitantes, si se require para a obtención de diversas axudas con cargo ós fondos Next Generation da Unión Europea.

O Concello de Boiro vén de aprobar a redacción dun Plan de Mobilidade Urbana Sostible. O documento permitirá a identificación das principais necesidades existentes e así poder planificar e coordinar as actuacións que van favorecer a mobilidade e a accesibilidade en todo o termo municipal, entre as que se atopan tamén o aumento dos quilómetros de carril bici.

O estudo para o plan levarase a cabo en distintas fases. A primeira dela será de análise dos datos, polo que se instalarán medidores de capacidade en distintas estradas do Concello para poder cuantificar o número de vehículos e a súa tipoloxía. Ademais tamén se farán enquisas entre a poboación.

Unha vez realizado o traballo de campo o documento resultante deberá ser levado a pleno, para a súa aprobación  por parte da corporación municipal.