Apoio total do Concello ás reivindicacións da comunidade educativa de Rianxo

RIANXO> Dende o Concello comparten as reivindicacións que fan as comunidades educativas dos tres principais colexios do municipio: Castelao, Brea Segade e Ana María Diéguez, tanto ás referidas ás necesidades de persoal docente como tamén ás de reforma das instalacións.

Por esta razón, o alcalde, Julián Bustelo, agarda a que a consellería de Educación sexa sensible a estas demandas que se lle están a facer e dea unha solución urxente ás mesmas,

O rexedor confirmou ademais a súa asistencia a marcha que terá lugar na xornada de mañá e que partirá ás doce dende a rotonda do porto para rematar na praza Castelao.